De cara á preparación dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria activa os horarios especiais de apertura nos tres campus a partir da próxima fin de semana. Así, como vén sendo habitual, as bibliotecas centrais de cada un dos tres campus, xunto coa de Torrecedeira, en Vigo, abrirán nas fins de semana.
12/05/2022