Despois de encher o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución coa súa conferencia, a socióloga e feminista turca, Pinar Selek ofreceu este venres unha xuntanza informal con estudantes e profesores da Universidade. Nada en Istambul en 1971, Selek ten unha longa traxectoria a prol dos dereitos da mulleres e un ampla lista de libros e traballos de investigación. Entre eles, No hemos firmado la paz, levou á cárcere durante máis de dous anos por que relevar a identidade dos membros do Partidos dos Traballadores Kurdos, PPK, aos que entrevistou para o libro. Dun xeito máis informal, a activista reflexionou para o Duvi sobre a situación do movemento feminista na Turquía actual, sobre os cambios que considera oportunos na súa sociedade e sobre a influencia da relixión nas condicións de vida das minorías sexuais.
04/04/2008