O catedrático da Universidade de Vigo Carlos Hervés Beloso (Marín, 1953) foi nomeado Economic Theory Fellow, unha distinción coa que pasa a formar parte dun selecto club ao que só acceden economistas e matemáticos do máis alto nivel, incluíndo varios Premios Nobel (Edward C. Prescott, Kenneth Arrow, Robert J. Aumann, Eric S. Maskin…). Seleccionados pola prestixiosa Society for de Advancement of Economic Theory, SAET, pola súa “excelencia, orixinalidade e liderado; o seu elevado compromiso ético e as súas innovadoras contribucións académicas”, a condición esencial para optar a esta distinción “é ter realizado achegas substanciais á teoría económica”.
“Sinto que é unha honra non merecida”, subliña o profesor vigués, que destaca a importancia do nomeamento desde o punto de vista colectivo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e da propia Universidade, “pois internacionalmente ponnos nun lugar no que todos quixeran estar”.
07/10/2011