De lentes de realidade virtual que achegan ao traballo na enxeñaría biomédica, a tarántulas disecadas, pasando por información sobre saúde mental, maquetas de nanosatélites ou un reloxo que funciona sen pilas... A través de múltiples exemplos e demostracións, a Universidade de Vigo proxecta a amplitude da súa oferta académica no XI Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal.
26/10/2022