Co seu máximo de 50 prazas para participantes cuberto e con preto de 150 persoas como público, o Crossfit Solidario permitiu reunir, na tarde deste domingo, fondos e produtos cos que axudar ao labor de diferentes organizacións sociais. Organizado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade xunto con Crossfit Turoqua, o evento no que as 25 parellas participantes debían facer fronte nun circuíto a unha serie de exercicios de resistencia, forza, habilidade ou ximnásticos, permitiu tamén reunir 250 euros, a través das cotas de inscrición, que serán destinados de xeito integro á Fundación Meniños.
18/12/2017