Moitos escritores atopan inspiración na natureza que os rodea. Para José Raposeiras, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, esta inspiración chegou dando un paseo pola beira do río Lérez, cando se lembrou da súa terra natal “e xurdiron uns sentimentos de morriña que me impulsaron a escribir”, sinala. O resultado é a súa primeira novela, Ventos de nostalxia. O cerne das verdadeiras emocións, un libro no que as temáticas sociais da Galicia do século XX cobran importancia, sobre todo a emigración, “que sobrevoa case toda a obra”. A novela, froito das súas experiencias e emocións, foi un gran reto para o profesor.
15/11/2011