A titulación de Xestión e Administración Pública impartida no campus de Pontevedra, está sendo estudada por profesionais da Universidade con vistas a convertela, coa adaptación das titulacións ao espazo europeo, nun grao exclusivo en Galicia. Esta diplomatura, tras pasar por un período de adaptación, acadou unha ensinanza de calidade ao contar cun persoal case fixo. O profesor desta carreira, Francisco J. López Corrales, explicou que “trátase de ver as deficiencias que ten a titulación, emendalas e crear así un grao e incluso un posgrao, que lle sirva aos alumnos para incorporarse ao mercado laboral”.
28/11/2007