Co obxectivo de poñer en valor a riqueza etnográfica de Galicia, botou a andar a segunda edición do Congreso de Patrimonio no século XXI, que este ano conmemora o centenario do nacemento de Xaquín Lorenzo “Xocas”. Tradicións, oficios, xogos populares, cantigas, romarías, crenzas e lingua, centrarán, ao longo dos cinco días que abarcan as xornadas, as intervecións tanto dos investigadores en patrimonio inmaterial, como dos portadores que manteñen vivo todos este legado. Ao acto de inauguración, celebrado no Edificio Politécnico, acudiron representantes da Facultade de Educación, da Deputación de Ourense, de Nova Escola Galega, e do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, todas elas, colaboradoras na realización do congreso.
23/04/2008