Despois dun ano de traballo, este mes presentouse o proxecto Campus ConVida, unha iniciativa que aposta por crear, a través da investigación, a formación e a sensibilización, un entorno educativo que reforce e promova condutas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria ourensá. Para facelo, nada mellor que escoitar as propias propostas da comunidade universitaria, polo que os seus promotores veñen de convocar o I Concurso de Iniciativas Saudables por un Campus ConVida. Se es estudante, PAS ou PDI e tes unha idea de como mellorar os hábitos das persoas, esta é unha boa ocasión para facerte oír.
21/12/2011