O pasado curso académico, a iniciativa de alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense, púxose en marcha o cineclub universitario La Barraca. Desde entón, ten desenvolvido diferentes ciclos de cine dedicados a diversas temáticas. Este venres, 3 de febreiro, arranca un deles, nesta ocasión centrado en cine político-social. A obra elixida para arrancar este ciclo, que se prolongará ata finais de marzo, é Persépolis.
02/02/2023