“A Universidade de Vigo vaise converter nun referente ao ser pioneira neste tipo de medidas”, asegura Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, que hoxe se converteu na primeira institución académica española, e unha das poucas europeas, en aprobar unha acción positiva, dentro das convocatorias propias de produción científica en investigación, docencia e transferencia, que aborda a denominada “brecha de coidados”.
29/04/2019