Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará este xoves na libraría Librouro de Vigo a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante).
Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i).
Voute preservar, miñoca! Con este suxerinte título a Universidade de Vigo organizou para este venres unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. Será ao longo de todo do día no edificio Redeiras, na praza do Berbés, aberta ao público en xeral.
Que fai Microsoft contratando arqueólogos? Esta é a inesperada pregunta que serve de arranque á exposición Arqueoloxía dixital galega, a nova mostra que pode visitarse no edificio Redeiras ata o vindeiro 17 de setembro.
O catedrático Xosé Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, compareceu este venres na Assembléia da República Portuguesa perante a Comisión da Reforma da Constitución como experto en linguas minoritarias.
Este xoves arrancou en Vigo a II edición do Seminario Internacional de Pensamento Contemporáneo, un encontro que nesta ocasión se celebra no edificio Redeiras aberto ao público en xeral baixo o lema Pensar o Antropoceno.
Catro pensadores do máximo prestixio a nivel mundial participarán a vindeira semana en Vigo na segunda edición do Seminario Internacional de Pensamento Contemporáneo, unha iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo no 2019.
Ir un paso máis aló e visibilizar a diversidade afectivo-sexual non só das persoas, senón tamén a que existe na natureza. Ese é o propósito da exposición Unha mirada LGTBI ao mundo animal, que dende hoxe xoves e ata o vindeiro día 30 se poderá visitar no terceiro andar do edificio Redeiras.
Tras o seu paso polo campus de Ourense, dende hoxe e ata o 30 deste mes de xuño, a exposición Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século recala no edificio Redeiras, a sede institucional da Universidade de Vigo no Berbés.
Neste ano 2023, o Día Internacional dos Museos ten como lema Museos, sostibilidade e benestar. Estes tres conceptos son tamén a base do proxecto Casas de Cartón, un obradoiro de material reciclado que organiza o museo Marco de Vigo e coordina o profesor Ignacio Pérez-Jofre.
743 páxinas e 1,5 kg de peso nos que caben 100 anos de rock e pop en inglés. O libro Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular, obra da profesora do Departamento de Lingua Española Susana Rodríguez Barcia e do músico Bosco Gil de Gárate, é a historia da música a través das letras da súas cancións do último século.
Prostremum Munus, ‘o último agasallo’. Este é o título elixido polas compañeiras e compañeiros de quen fora catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo Celso Rodríguez Fernández, don Celso, para titular un libro homenaxe na súa memoria, unha obra en lembranza deste recoñecido filólogo e teólogo.