“Aprender un idioma non é só gramática, unha lingua é vida e variedade, e a mellor maneira de aprendela é practicala e atopala na cultura”. Así nos anima Keith Payne a asistir á novena edición do Ciclo Cine e Lingua, Vigo, Let’s go to the flicks, unha actividade xa consolidada na programación cultural da Universidade de Vigo e que mañá mércores, estrea unha nova edición.
30/10/2018