O campus de Ourense acolleu este martes o arranque da II Xornada de prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e as tres Unidades de Igualdade do Sistema Universitario de Galicia. O percorrido desta iniciativa polos sete campus galegos iniciouse poñendo sobre a mesa algúns dos datos máis recentes sobre a violencia de xénero, que apuntan a que en 2018 o número de denuncias por violación aumentou un 27,3% en Galicia, e a preocupación por fenómenos como “as manadas”.
12/03/2019