Representantes das fundacións FAES e Alternativas, do Círculo de Economía, do CIS e de varias universidades españolas, participarán este xoves e venres no seminario da Cátedra Fundación Caixa Galicia, A batalla das ideas. Laboratorios de ideas e políticas públicas en España. “Dun xeito totalmente novidoso, trátase de discutir se as ideas que teñen a súa orixe en foros intelectuais, teñen logo unha proxección política”, sinala o profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xosé Carlos Arias que tamén apunta que “fronte á tendencia dos últimos anos nos que as ideas non tiñan excesiva proxección política, parece a batalla das ideas comeza a axitarse”.
10/06/2008