Na loita por unha igualdade real e efectiva, a perspectiva de xénero debe estar presente en todos os ámbitos sociais e profesionais. Con esa idea veñen de nacer, da man do Concello de Pontevedra e da Vicerreitoría do campus, os premios para a incorporación da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster que se desenvolvan no campus pontevedrés. A través desta convocatoria, que ambas institucións farán pública nos próximos días, recoñecerase cun premio de 1000 euros ás tres mellores investigacións que poñan o foco nos factores da desigualdade entre mulleres e homes. Ademais, a administración local engaderá a esta contía outra suma de 1000 euros, destinados á posta en práctica das ideas que recollan os proxectos seleccionados, co obxectivo de que estes traballos repercutan na sociedade.
12/02/2014