DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Encontros organizados pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías

Achegando alumnos á cultura da calidade no Espazo Europeo de Educación Superior

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría DUVI 23/10/2007

Dirixidos a alumnos das universidades españolas, os días 13 e 14 de decembro, celebraranse os encontros O proceso de avaliación da calidade na educación superior. O importante papel do alumno, organizados por la vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade, en colaboración coa Axencia Nacional de Avaliación de Calidade e Acreditación, ANECA.
Introducir ao alumno no marco Europeo de Educación Superior, nos sistemas de garantía de calidade asociados ao mesmo e no cambio de rol que deberá asumir, son os obxectivos principais destes encontros que tamén aportarán claves para o desenvolvemento dunha liña formativa-profesional dos alumnos, facilitando, asemade, o seu achegamento á cultura da calidade.

Programa e participantes

O coordinador xeral da ANECA, Eduardo Coba, e o director do ACSUG (axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia), Julio Ernesto Abalde Alonso, participarán na primeira das dúas xornadas que se celebrarán o vindeiro mes de decembro, e que se centrará na avaliación para a calidade. A xornada completarase con relatorios a cargo de representantes das universidades e un obradoiro sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe no EEES.
Ao día seguinte a xornada versará sobre a avaliación para calidade na educación superior, incluíndose no programa relatorios que contarán coa participación de representantes da ANECA, alumnos e responsables de calidade de universidades españolas.

Condicións e axudas para os alumnos

Nas xornadas poderán tomar parte todos aqueles alumnos que formaran ou non parte dos procesos de avaliación de calidade das universidades e que estean interesados en colaborar en futuros procesos de este tipo.
O prazo de inscrición para participar nas xornadas remata o 31 de outubro e realizarase a través do formulario electrónico que aparece no enderezo:

http://webs.uvigo.es/webcalidad/Encuentros/index.htm

ANECA financia un total de 20 bolsas que inclúen viaxe, aloxamento e a totalidade da manutención dos asistentes, sendo os criterios de asignación das mesmas, por unha banda os alumnos das universidades nacionais non residentes en Galicia e a orde de inscrición.