Vista da sala da biblioteca central

A Biblioteca

A Biblioteca Universitaria ofrece un amplo conxunto de recursos de información, espazos e servizos para dar soporte ás actividades de aprendizaxe, docencia e investigación

Presente nos tres campus a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola biblioteca central do campus de Vigo, a Biblioteca Universitaria forma parte da Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación. 

Aínda que está dirixida principalmente aos membros da comunidade universitaria, a biblioteca permite o acceso de persoas alleas a Universidade de Vigo en calidade de usuarios externos.

Se es estudante novo ou estudante estranxeiro e queres saber como dar os teus primeiros pasos na biblioteca, consulta a nosa Guía para o alumnado de novo ingreso ou a Guía para estudantes internacionais (en inglés).

A biblioteca xestiónase cun sistema de xestión da calidade certificado baixo a norma ISO 9001. Do mesmo xeito, forma parte de contornas cooperativas como Rebiun, o CISUG (antes Consorcio Bugalicia), Dialnet e UNICi2.

Horario ao público

  • Biblioteca central de Vigo, de 8:30 a 21:00 h. 
  • Biblioteca central de Ourense, de 8:30 a 21:00 h. 
  • Biblioteca central de Pontevedra, de 8:30 a 21:00 h. 
  • Biblioteca de Belas Artes, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Ciencias Experimentais, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Filoloxía e Tradución, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Industriais-Minas, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Telecomunicación, de 8:30 a 20:45 h. 
  • Biblioteca de Torrecedeira, de 8:30 a 21:00 h. 

* Durante estes horarios de fin de semana as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

* Durante estes horarios nocturnos, a partir das 21 h. as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

 

  • Queres presentar unha queixa ou unha suxestión? Preme aquí.
  • Queres participar na nosa enquisa de satisfacción? Preme aquí ou escanea o código QR
Enquisa_2024

 

Normativas

Regulamento da biblioteca [PDF]. Aprobado polo Consello de Goberno o 21 marzo 2018326.32 KB Normativa de Préstamo 2022 [PDF]. Normativa parcialmente vixente80.84 KB Normativa uso salas traballo en grupo [PDF]162.67 KB Normativa de doazóns bibliográficas [PDF]223.65 KB Normativa de expurgacións [PDF]44.02 KB

 

Redes sociais