Estratexia de persoal investigador (HRS4R)

Selo HRS4RA Estratexia de Recursos Humanos para persoal investigador HR Strategy for Researchers - HRS4R é unha iniciativa da Comisión Europea para animar ás institucións de investigación a implementar a Carta Europea do Investigador e o Código de conduta para a contratación de persoal investigador que aconsella implementar o logotipo HR Excellence in Research.

Desde esta iniciativa comunitaria en 2005, aproximadamente 1.200 institucións de 35 países europeos e fóra de Europa manifestaron o seu apoio e máis de 400 institucións obtiveron o logo HR Excellence in Research. En España son 98 organizacións as que manifestaron o seu apoio e 72 institucións as que xa contan co logo, entre elas, 17 son universidades.

Na Universidade de Vigo obtivemos o recoñecemento da Comisión Europea para o acadar este logotipo nun proceso de máis de tres meses de duración que foi liderado pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e a Vicexerencia de Recursos Humanos. A comunidade universitaria, tanto o persoal docente e investigador coma o persoal de administración e servizos, participou activamente en enquisas, entrevistas e grupos de traballo para consensuar a análise de situación e definir o plan de acción.

A Carta Europea do Investigador (Charter & Code) reúne unha serie de principios sobre as responsabilidades e os dereitos do persoal investigador e das entidades que empregan e/ou financian a investigadores. O Código de conduta para a contratación de persoal investigador consta de pautas a seguir polos empregadores e/ou financiadores ao contratar investigadores e investigadoras. Estes dous documentos, están dirixidos tanto ao persoal investigador como aos empregadores e/ou entidades financiadoras do sector público e privado. A implementación dos principios do Charter&Code contribúen a que o Espazo Europeo de Investigación sexa máis atractivo.

O logotipo de Excelencia en Recursos Humanos de Investigación (HR Excellence in Research) da recoñecemento público ás institucións de investigación que progresaron en aliñar as súas políticas de recursos humanos cos principios definidos no Charter & Code. As institucións ás que se lles ten concedido o logo teñen o dereito a usalo para destacar o seu compromiso na implementación dunha contratación xusta e transparente e unha avaliación do desempeño dos seus investigadores e investigadoras.

  1. A institución de investigación ou de financiamento realiza unha análise interna (por exemplo unha Análise Gap) dacordo a un documento que agrupa aos 40 principios da carta e o código (Charter & Code) en 4 áreas («Aspectos profesionais e éticos», «Contratación», «Condicións de traballo e seguridade social» e «Formación»).
  2. A institución de investigación ou de financiamento publica a súa Estratexia de recursos Humanos para Investigadores na páxina web nun lugar accesible e en inglés. Ésta debe resumir os principais resultados da análise interna e presentar as accións propostas para asegurar e/ou mellorar o aliñamento cos principios da carta e o código.
  3. Coa condición de respetar os anteriores pasos formalmente e que tanto a Análise Gap coma o Plan de acción foran enviados a tempo, a Comisión Europea recoñece, previa avaliación por 3 avaliadores independentes, que a institución de investigación ou financiadora participante adoptou a Estratexia de Recursos Humanos en Investigación.
  4. A institución de investigación ou financiadora implementa a súa estratexia de RH e realiza unha auto avaliación dentro do marco dos seus mecanismos que aseguran a calidade. Esta autoavaliación débese realizar regularmente, como mínimo cada 2 anos despois do recoñecemento HR.
  5. Avaliación externa: alomenos cada catro anos despois do recoñecemento HR a institución de investigación ou financiadora elabora un informe amosando o progreso realizado para cumprir os obxectivos da súa Estratexia de Recursos Humanos en investigación e a súa conformidade cos principios do carta e código.

 

O que levamos feito na Uvigo

Na universidade fortalecemos o procedemento de implementación de HRS4R, introducindo procedementos de calidade e asegurando o progreso. Traballamos neste proceso desde o mes de marzo do ano 2016. O día 15 de novembro de 2016 presentáronse os documentos que figuran a continuación á Comisión Europea. Finalmente o 31 de maio de 2017 acadouse o logotipo.

 

Desde a obtención do Selo de Excelencia en Recursos Humanos de Investigación (HRS4R), e en cumprimento do Plan de acción proposto, desenvolvéronse as seguintes actuacións: