DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No ciclo Universium

Alberto Moreiras reflexiona sobre transculturación e conciencia dobre

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarría DUVI 12/11/2007

"A liberdade pode non ser outra cousa. A nosa capacidade de denostrar aos nosos ídolos, ás nosas imaxes. Ese é o habitamiento sen raices, a relixión sen relixión, que ningunha adscrición identitaria, ningún proceso de transculturación pode ensinarnos". Con esta palabras remataba a súa intervención no ciclo Universium, Alberto Moreiras, profesor de Pensamento Moderno da Universidade de Aberdeen.
Transculturación e conciencia dobre foi o tema abordado por Moreiras na súa intervención na que a través de referencias a literatura sudamericana, a obras de filósofos como Hegel o Marx e incluso a obras cinematrográficas como Blade Runner, abordou cuestións como o proxecto transculturador o concepto de Estado ou a relixión. Presentado pola vicerreitora de Extensión Cultural, Mª del Carmen Cabeza, Moreiras incidiu no seu relatorio ante o público reunido na Sala I do Edificio Miralles, na constitución do estado moderno a través da relixión protestante, un estado que ademais "é a única testemuña posible ,cando non hai testemuñas".

Da literatura sudamericana a Blade Runner

Na súa exposición o profesor de Pensamento Moderno da Universidade de Aberdeen, aludiu en reiteradas ocasións á literatura sudamericana, especialmente a Castellanos, pero tamén aos filósofos Hegel e Marx e as súas obras Filosofía do dereito e Crítica da filosofía do dereito de Hegel , como medio para afondar no concepto de transculturación de das súas alternativas."O proxecto marxiano de crítica á relixión, en canto a prerequisito de toda crítica, atende á liberación xeral do humano. Noutras palabras, para que o humano poida darse na súa simple destitución á revolución replicante pode ser necesaria, pero non será suficiente", afirmou Moreiras no que non faltaron referencias á película de Blade Runner.Sobre a obra de Ridley Scott, Moreiras destacou o feito de que "os replicantes odian ser replicantes pola súa finitude e pola súa falta de liberdade" para engadir qued "todos somos replicantes e todos estamos programados".
O ciclo Universium continuará este martes coa intervención do profesor de Filosofía da Universidade de Barcelona, Felipe Martínez Marzoa que falará sobre Poder e dereito e será presentado polo ex reitor da Universidade de Vigo, Domingo Docampo.