DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha xornada celebrada este luns no campus

Alumnado de Educación Social achégase á realidade das persoas con síndrome de Down

A actividade organizouse co gallo da conmemoración do seu día mundial

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Visitas
  • Académica
DUVI Ourense 22/03/2021

Co gallo da celebración este domingo do Día Mundial da Síndrome de Down 2021, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este luns unha xornada na que varias persoas con esta síndrome explicaron a alumnado deste centro como é o seu día a día. A iniciativa, explicou a profesora do centro Isabel Ferreiro, xurdiu a iniciativa da asociación Down Ourense e coa colaboración da Facultade de Educación e Traballo Social. A xornada contou coa asistencia de xeito presencial nuns casos e virtual noutros, de alumnado de tres materias de segundo curso do Grao de Educación Social e nela as e os asistentes puideron coñecer de primeira man como é o día a día de varias persoas con síndrome de Down, como foi a súa evolución educativa e laboral ao longo da súa vida e cales son os seus plans de futuro. O obxectivo da xornada, apuntou Isabel Ferreiro, foi que o alumnado asistente, futuras e futuros educadores sociais, “coñecese de primeira man a realidade deste colectivo que forma parte da nosa sociedade e que é capaz de facer todo tipo de cousas”.