DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Amnistía Internacional comeza o curso con accións orientadas a mellorar a situación dos Dereitos Humanos

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
DUVI DUVI 18/10/2007
Pedir a abolición da pena de morte, acabar coa violencia contra as mulleres, concienciar sobre la situación dos Dereitos Humanos en Colombia, ou colaborar no derrubo do muro ilegal construído por Israel, son algúns dos obxectivos dos Grupos Universitarios de Amnistía Internacional para este novo curso, no que AI insiste que a mellora da situación dos Dereitos Humanos é unha materia suspensa por moitos gobernos en todo o mundo.
Amnistía Internacional que conta con 2 millóns e medio de activistas en todo o mundo, dos que case a metade son mozos e estudantes, considera a universidade como un ámbito fundamental para o traballo da organización, como foro de reflexión crítica e espazo de formación de futuros promotores dos dereitos humanos.
Na actualidade AI ten nove grupos en diferentes universidades españolas que teñen logrado numerosos éxitos como a gran cantidade de sinaturas recollidas para a campaña “Armas Baixo Control” que pretende lograr un tratado internacional que poña fin a un comercio letal.

Para mais información: http://www.es.amnesty.org/jovenes/