DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A conferencia encádrase no ciclo “A docencia universitaria”

Antonio Bolivar falará no campus de Vigo sobre “A avaliación na universidade”

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
DUVI DUVI 16/10/2007

A conferencia “A avaliación na universidade” sitúa o papel da avaliación das aprendizaxes dos estudantes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, así como os cambios que implica valorar o traballo total e dirixirse ás competencias adquiridas. Ademais do coñecemento, a valoración ha de centrarse nas capacidades, destrezas e procedementos, relacionados cos perfís académicos e profesionais.
A conferencia está encadrada no ciclo titulado “A docencia universitaria”, organizado pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, coa finalidade de favorecer o desenvolvemento profesional dos profesores da universidade a través das experiencias docentes de destacados profesionais.

Liñas de traballo de Antonio Bolivar

A investigación biográfico-narrativa, a innovación e desenvolvemento do currículo, o asesoramento curricular e formación do profesorado, así como a educación da cidadanía na escola pública, son as principais liñas temáticas das súas publicacións, entre as que destacan “Dicionario Enciclopédico de Didáctica”, “Reformas y retórica: La reforma educativa de la LOGSE”, “La investigación biográfico-narrativa en educación” e a recente “Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura”.
Antonio Bolivar desenvolve, ademais, unha intensa actividade investigadora destacando a súa labor como investigador principal nos proxectos de excelencia “Conocimiento profesional y competencia profesional del profesor universitario sobre enseñanza y el aprendizaje en entornos de tecnología avanzada de la información y la comunicación” e “Articulación de políticas públicas en la Formación Profesional específica a través del diseño de competencias”.