DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os horarios amplíanse na franxa nocturna e nas fins de semana

As aperturas especiais das bibliotecas comezarán esta fin de semana

Estenderanse ata o 14 de xullo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 23/04/2024

Coa finalidade de facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre e tamén das probas de avaliación da segunda convocatoria, a Biblioteca Universitaria comezará esta próxima fin de semana cos seus horarios especiais, que se estenderán ata o domingo 14 de xullo.

Por unha bançda, as bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira terán deste este 27 de abril horarios especiais nas fins de semana, estando abertas entre as 09.00 da mañá e as 21.00 horas da noite, tanto os sábados como os domingos. Ademais, terán os mesmos horarios os festivos do 1 e do 17 de maio e, en Pontevedra, o festivo local do 11 de xullo. 

No que atinxe ás aperturas nocturnas, as bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira ampliarán o seu horario ordinario ata a 01.00 da madrugada de luns a venres, agás festivos, dende o 29 de abril ata o 28 de xuño. No mes de xullo, dende o día 1 ata o 12 de xullo, o horario nocturno rematará ás 00.00 horas.

Durante estes horarios nocturnos e de fin de semana, as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

Ademais, entre o 1 e o 12 de xullo e coincidindo co período de redución da xornada laboral nos meses estivais, ampliarase o horario ordinario ata as 21.00 horas de luns a venres, agás festivos, nas bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira.

As demais bibliotecas, con horario habitual

O resto das bibliotecas dos campus (facultades de Belas Artes, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Filoloxía e Tradución, Enxeñaría Industrial-Minas, Enxeñaría de Telecomunicación e edificio de Ciencias Experimentais) continuarán co horario habitual de 08.30 h a 20.45 h.