DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A medalla regresa a Vigo nas mans de Laura Valverde e Alejandro Rivadulla

Bronce en parellas mixtas no Campionato de España Universitario de Bádminton

Esta fin de semana iniciouse tamén o Campionato Galego de tenis por equipos

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 09/04/2018

O campionatos de España universitarios seguen achegando alegrías e satisfaccións para os equipos vigueses. Tras os dous ouros en Orientación hai unha semana, agora o palmarés da Universidade de Vigo suma un bronce en bádminton na modalidade de dobres mixtos. O campionato celebrouse os pasados días 5 e 6 en Alcalá la Real, Xaén, e a parella viguesa composta por Laura Valverde e Alejandro Rivadulla, rematou no terceiro caixón, un éxito que amosa a fortaleza desta modalidade deportiva en Galicia, sobre todo porque a expedición viguesa estivo a piques de sumar algunha máis.

Valverde estuda o grao en Educación Primaria no campus de Ourense e Alejandro, Química no campus de Vigo. Completaba a expedición Sara Cabaleiro, xa que por motivos persoais, nesta competición non puido estar o número 1 do ránking nacional Manuel Brea, que de ter participado a tería permitido que a Universidade de Vigo rematase entre as primeiras na clasificación por equipos.

Arranque do Campionato Galego de tenis por equipos

Esta fin de semana dei comezo tamén o Campionato Galego de Tenis por equipos en categoría absoluta. O conxunto feminino arrancou con vitoria por 3-2 fronte o CCD Sanxenxo no campus vigués. A xornada comezou cos catro individuais, con moi bo pé xa que se logrou o triunfo ao gañar os tres primeiros individuais e perdendo o cuarto, xa no dobres as xogadoras viguesas perdían no súper-tiebreak. O equipo masculino A non poido disputar os seus encontros debido ás condicións meteorolóxicas. e rapaces, debido a chuvia, suspendeu o seu encontro.

Si xogou o equipo masculino B, que viaxou a Ourense onde perdeu ante o Club Santo Domingo por un contundente 6-1, soamente un dos xogadores universitarios conseguiu a vitoria en individuais.

O Kaleido Universidade de Vigo RC Sub14, campión da Liga Galega

Tamén este domingo, o deporte universitario sumou outro éxito, desta volta, no rugby, xa que o Kaleido Universidade de Vigo RC Sub14 se proclamou campión da Liga Galega. A casualidade fixo que a final polo título a disputasen os dous equipos do Kaleido nesta categoría para esta temporada. Así, a final converteuse nuna festa para os integrantes da escola de rugby viguesa, que disputaron un partido entre amigos e compañeiros.