O compromiso, o traballo en equipo, a constancia, o afán de superación, a procura da excelencia, a solidariedade ou a promoción de estilos de vida saudables. Estes son algúns dos valores esenciais da práctica deportiva que a Universidade de Vigo quixo facer visibles na XXVI Gala do Deporte, celebrada no Teatro Principal de Pontevedra. 30 persoas e colectivos foron distinguidos nun acto no que a institución académica buscou non só premiar os logros acadados ao longo do pasado curso polos seus e as súas deportistas en diferentes competicións, senón tamén a contribución de diferentes persoas e colectivos, dentro e fóra da Universidade, na defensa e difusión destes valores.
28/11/2017