A alumna da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Sandra Cendón é unha das premiadas no 10º Concurso Adicciones: Tu Punto de Mira, financiado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. O seu vídeo, titulado El Tiempo e centrado na reflexión sobre o abuso das pantallas móbiles, foi un dos seis galardoados entre as 212 pezas audiovisuais presentadas a este certame convocado pola Asociación PDS (Promoción y Desarrollo Social) no marco do Programa Tu Punto, de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas aditivas entre alumnado universitario.
16/06/2021