Despois de varios meses de traballo, a produción deste ano da aula teatral do campus de Ourense Maricastaña xa está lista. Trátase de Desequilibrios, que acaba de ser estreada en Portugal, no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior, onde acadou o premio do público.
20/03/2024