51 mozas e mozos convértense este tarde, no acto de graduación que a Escola de Enxeñería Industrial celebra no auditorio pazo de congresos Mar de Vigo, nos primeiros egresados en Enxeñaría Biomédica pola Universidade de Vigo. Atrás quedan catro anos de estudo e formación da primeira promoción do grao que botou a andar no curso 2018-2019 cunha oferta de 50 prazas, 240 créditos, dúas intensificacións (Biotech e Biommec) e unha estreita relación co Hospital Álvaro Cunqueiro.
02/06/2022