Para analizar o papel que poden desenvolver as ferramentas ecofeministas no ámbito académico, a Facultade de Comercio acolleu este luns unha xornada de debate organizada pola profesora Iria Vázquez Silva, do Departamento de Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía. As xornadas, abertas tanto ao alumnado como á cidadanía, desenvolvéronse ao longo da mañá e centráronse nas ferramentas ecofeministas para outra educación.
17/10/2022