O vindeiro sábado 20 de outubro a programación de rutas culturais do curso 2018/2019, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, bota a andar. Serán en total once andainas pola xeografía galega e lusa.
O Campus Universitario Ourense de rugby disputou este domingo o seu terceiro encontro de liga contra o AVK Bera Bera RT. Os ourensáns gañaron 50 a 17 aos vascos nun encontro que os sitúa no segundo posto do grupo A da división de honra B do rugby estatal.
Un curso académico máis a Área de Benestar, Saúde e Deporte ofrece este cuadrimestre no campus de Ourense unha ampla oferta de instalacións e actividades que teñen como obxectivo primordial fomentar a actividade física e a vida saudable entre alumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador.
En plena semana de promoción e captación de novos membros e coa vista posta no inicio da Liga Galega de Fútbol Gaélico, o Auriense FG afronta a tempada 2018/2019 co reto de seguir medrando en participación e calidade de xogo e apostando pola combinación de actividade deportiva e social.
O Foro Económico de Galicia, coordinados polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, fixo público este martes un documento no que analiza as repercusión financeiras que tivo en Galicia a reestruturación bancaria.
O Campus Universitario Ourense de rugby afrontou esta fin de semana o seu segundo partido de liga na División de Honra B do rugby estatal. Os ourensáns amosaron o seu bo estado de xogo neste inicio de liga perdendo o encontro por un axustado marcador de 22 a 23.
Múltiples opcións para manterse ou poñerse en forma, coidar a saúde e facer deporte. Isto é o que achega á comunidade universitaria o programa de actividades da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade, que arrinca o ano académico con dúas semanas de portas abertas.
A piscina universitaria AQA Ourense foi o escenario escollido polo Club Natación Escualos Campus da Auga para iniciar este xoves oficialmente a tempada 2018/2019 coa realización dunha foto de equipo e cun primeiro adestramento conxunto ao que asistiron boa parte dos seus membros.
Ante o inminente comezo da competición oficial, as instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron este martes a presentación do equipo sénior do Campus Universitario Ourense Rugby. Nel destaca a incorporación de cinco novos xogadores procedentes de Nova Celandia.
O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colaborará coa empresa Prosistemas, especializada en pavimentos industriais, comerciais, deportivos e decorativos, no desenvolvemento de diferentes iniciativas relacionadas coa aplicabilidade da tecnoloxía fotónica a solos ultraplanos.
Pór en cifras a realidade e as potencialidades de futuro do Polígono de San Cibrao. Con este obxectivo un grupo de investigación da Universidade de Vigo liderado polo profesor Andrés Mazaira está a realizar un estudo que foi presentado este xoves na asociación de empresarios deste polígono.
Unha serie de recomendacións dirixidas a orientar ás mariscadoras na adquisición de rutinas saudables para o desenvolvemento da súa actividade reúnense na Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras, realizada co asesoramento de dúas docentes da EU de Enfermaría.
A Aula da Natureza de Oira acolleu este mércores unha actividade didáctica destinada a nenos e nenas sobre a avespa velutina. Nela, investigadoras do campus compartiron cos cativos e cativas unha sesión moi divertida ademais de formativa.
O pavillón de deportes do campus de Ourense acolleu este sábado e domingo a celebración do V Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense. Jaime Santos proclamouse campión na modalidade de partidas rápidas e Aleksa Strikovic na de lóstrego.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, vén de facer público o seu Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica referido ao mes de abril, que se mantén no 3,8%.