Bota a andar o proxecto Quantum Secure Networks Partnership, QSNP, impulsado por un consorcio de máis de 40 socios, entre eles a Universidade de Vigo, e liderado polo Instituto de Ciencias Fotónicas, Icfo, con sede en Barcelona. Cun orzamento de 25 millóns de euros e unha duración de tres anos e medio, o obxectivo é desenvolver e despregar tecnoloxía de criptografía cuántica que permita a transmisión ultrasegura de información a través da rede.
15/03/2023