Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) formalizou este mércores o contrato co estaleiro Rodman Polyships para a construción dun buque oceanográfico de última xeración, por un valor de 1,5 millóns de euros (sen IVE) e cun prazo de execución de oito meses.
8 premios fronte aos seis habituais. A Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade concedeu este curso 18 premios aos mellores traballos fin de grao e traballos fin de mestrado en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU.
Por vez primeira unha vintena de escolas de enxeñaría de Telecomunicación de España, xunto ao Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e o Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT) organizan unha olimpíada nacional.
Unha pescuda no arquivo familiar para reescribir a xenealoxía feminina ou un dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato son dous dos traballos gañadores da novena edición dos Premios Egeria.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.
Entre o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e mellorar as competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI da UVigo.
A Axencia Estatal de Investigación (AEI), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, acaba de concederlle á Universidade de Vigo algo máis dun millón de euros (1.089.970) para a posta en marcha de nove proxectos de Proba de Concepto.
Developing competences on the Internet of Things through digital fabrication laboratories é o título do proxecto Eramus+ liderado pola Universidade de Liubliana (Eslovenia) no que participan oito docentes e investigadores e investigadoras do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, coordinados por Edita de Lorenzo Rodríguez.
Coincidindo coa conmemoración do Día mundial de loita contra a depresión, a Universidade de Vigo lembrou este venres o carácter “esencial” de contar cunha atención á saúde mental de calidade na sanidade pública.
A Universidade de Vigo conta cun novo Portal da Investigación, un único sitio web desde o que explorar a súa estrutura da I+D+i, localizar especialistas e acceder aos resultados de toda a actividade científica e de transferencia da institución académica viguesa.
Un artigo no que o docente Diego Gómez expón os motivos polos que a cita previa obrigatoria sen motivación é contraria a dereito acaba de ser galardoado na cuarta edición dos Blogs Xurídicos de Ouro 2022, na categoría artigos de excelencia.
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo.
Tras unha exitosa estrea o curso pasado, a Universidade de Vigo volverá impartir nos meses de febreiro e marzo unha nova edición do Curso avanzado de posgrao de eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios.