Por primeira vez na súa historia, a Universidade de Vigo terá en 2023 un orzamento que supera os 200 millóns de euros. Na derradeira sesión do Claustro do ano, celebrada este luns, a xerenta, Yolanda Lesmes, presentou as liñas xerais orzamentarias que contarán con 227.915.618 €, unha contía que supón un incremento do 14,7% en relación co exercicio de 2022.
19/12/2022