3606 alumnas e alumnos están matriculados a día hoxe nalgunha das 3770 prazas de novo ingreso dos 62 títulos de grao ofertados pola Universidade de Vigo este curso 2018-2019
A preparación de textos prelexislativos e de carácter regulamentario, xunto a outras tarefas que se lle encomenden co obxectivo de mellorar a orientación, preservación e tutela do ordenamento xurídico, son as principais funcións da Comisión General de Codificación.
“O noso obxectivo é atoparvos nas aulas e nos laboratorios, primeiro como alumnas e logo tamén como docentes, non podemos roubarlle á sociedade a metade do seu talento”. Así de rotundo se amosou este luns Manuel Reigosa no acto de benvida na celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, no seu despacho en Santiago de Compostela.
A sede da Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, Asime, acolleu hoxe unha xuntaza de traballo entre a súa xunta directiva e o reitor da Universidade de Vigo.
Na primeira sesión do ano 2019 celebrado esta mañá, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou por unanimidade a concesión dun total de 69 premios extraordinarios de grao (47) e doutoramento (22), correspondentes ao curso 2017-2018.
Preto de 150 estudantes de grao, mestrado e doutoramento recibirán o vindeiro 28 de xaneiro a homenaxe da comunidade universitaria, no transcurso do acto de celebración do patrón da institución, San Tomé de Aquino.
Nun contexto de crecente oferta formativa en inglés en ambos países; de incremento do atractivo do idioma español e no que se vai producir, despois do ano 2020, un incremento de fondos europeos destinados a intercambio e outras iniciativas de cooperación educativa, celebrouse na Universidad de La Laguna un encontro de representantes de centros de educación superior españois e suecos.
A comezos de 2017 botaba a andar o proxecto LitterDrone co obxectivo de desenvolver ferramentas innovadoras para o control e xestión remota de lixo mariño a través de UAVs, vehículos aéreos non tripulados. A falta de tres semanas para rematar o estudo, o equipo de investigadores da Universidade de Vigo, da empresa Grafinta e da Asociación Española de Basuras Marinas están xa en disposición de presentar os resultados do seu traballo.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, eloxiou esta mañá no campus vigués “a investigación de excelencia de moitísima calidade” que está a desenvolver nos centros singulares e agrupacións estratéxicas da Universidade de Vigo.
O Duvi volverá coa súa publicación diaria tras as festas do Nadal. Nestas dúas semanas seguiremos informándovos das novas máis destacadas que se produzan na Universidade e actualizando diariamente a sección de Quiosco.
O ano remata con boas noticias para a Universidade de Vigo e, máis especialmente, para o seu Centro de Investigacións Biomédicas, o Cinbio, a quen acaban de concederlle a certificación de calidade ISO 9001.
Promover o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico sobre a seguridade informática e procurarlle unha aplicación práctica na sociedade galega. Este é o grande obxectivo co que as universidades de Vigo e A Coruña e a operadora galega R lanzan a Cátedra R en Ciberseguridade.
A Universidade de Vigo, xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, colaborará coa Asociación Executivas de Galicia no desenvolvemento do proxecto Referentes Galegas.