Analizar os últimos avances en materia de normativa na configuración dunha xustiza penal europea. Este é o grande obxectivo dun congreso internacional que este xoves botou a andar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e que, ao longo de dous días, xoves e venres, traerá ata o campus preto dunha vintena de especialistas nesta materia, entre eles, Jhon Vervaele, un dos grandes expertos a nivel internacional nestas cuestións.
25/10/2018