Cen días pasaron dende o lanzamento do LUME-1 ao espazo dende Siberia o 27 de decembro. Neste tempo, o picosatélite da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo orbitou 1560 veces sobre a Terra, 396 delas aproximadamente sobre Vigo, das cales a metade foron polo día. O investigador principal do proxecto, Fernando Aguado, explica que o estado do satélite “é moi bo e está indo todo segundo o que se agardaba”.
09/04/2019