“Unha cousa é o que percibimos e outra a realidade”. Esta é, sinala a profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Marián Fernández Villarino, unha das conclusións que, no relativo aos índices da actividade física das escolares galegas, puido extraer do estudo que desde hai cinco anos vén desenvolvendo en diferentes centros de ensino galegos xunto con investigadores da Universidade da Coruña.
16/01/2019