A segunda edición da carreira 10 km Cidade Universitaria, celebrada no campus de Vigo, tivo como gañador ao subcampión de España de Maratón, Elías Domínguez, mentres que a segunda posición foi para Daniel Bargiela e a terceira para Tiago Costa, do Sporting Club de Braga. Os tres corredores lograron manterse durante toda a proba no grupo de cabeza, ata que, chegados aos últimos 100 metros do percorrido, Elías Domínguez, membro do Club de Corredores Vigo-Bay, realizou un cambio de ritmo que lle permitiu alzarse coa vitoria.
31/03/2008