Enrique Sánchez, Noelia González e Diana Ramahi son tres bos exemplos do que os estudantes de secundaria, que estes días visitan o Forum Orienta, anhelan conseguir. Os tres recibiron este venres cadanseu premio fin de carreira da comunidade autónoma de Galicia, correspondente aos cursos 2006-2007. Nos seus expedientes destacan os sobresaíntes e as matrículas de honra, os premios recoñecen agora o seu intenso labor.
O acto, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, reuniu nas instalacións do Instituto Ferial de Vigo os mellores cerebros saídos das aulas universitarias galegas. “Trátase dunha homenaxe á excelencia académica no ámbito universitario”, salientaba o presidente. Xunto ao presidente, os estudantes estiveron arroupados por diferentes autoridades do ámbito académico e político. Entre elas, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e representantes das universidades de Coruña e Santiago.
11/04/2008