Música, obradoiros e competicións amenizan esta xornada de xoves a Facultade de Filoloxía e Tradución. A celebración de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro, é o motivo da festa organizada polos alumnos de Tradución e Interpretación e das tres filoloxías: galega, hispánica e inglesa. Xogos de mesa, talleres de elaboración de broches e maquillaxe teatral, concertos e os tan esperados premios laranxa e limón, aos profesores máis e menos populares conformaron a programación do festexo.
Ademais, coincidindo co Día Internacional do Libro, os mozos organizadores da festa levaron a cabo, un ano máis, o troco de libros, un pequeno mercado de intercambio gratuíto de libros de diversa temática e lingua.
23/04/2009