Hai tres anos que Antonio Luque, sevillano de 38 anos deixou o seu posto como responsable de produción nunha fábrica de Bollycao para vivir exclusivamente da música co seu grupo Sr. Chinarro. Pechábase así unha etapa, iniciada, en 1990 na que a súa banda pasa do descoñecemento a ser un dos principias expoñentes da música indie española. El Fuego Amigo e El Mundo Según, producidos por J, vocalista de Los Planetas, foron designados pola crítica entre os mellores discos editados en España nos últimos anos. No Teatro Vidal Bolaño da Universidade de Vigo foi o encargado de inaugurar este mércores o ciclo Sonora Primavera 2008 xunto cos suecos The Radio Dept. Na derradeira xornada, este xoves, será o turno de Lucky Soul e Nadadora. Pero antes, e na súa visita ao campus, o vocalista e fundador de Sr. Chinarro reflexiona no Duvi sobre a súa traxectoria musical.
09/04/2008