Internacionalmente recoñecido por crítica e público, o músico vigués Carlos Núñez, será o protagonista, o vindeiro martes, do tradicional Concerto de Nadal da Universidade, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes en colaboración con Caixanova.
O gaiteiro vigués que acostuma acompañarse por algúns dos artistas máis destacados do panorama músical, contará para o concerto do 18 de decembro, coa presenza sobre o escenario, do tamén gaiteiro, Paddy Moloney, compoñente de The Chieftans, grupo co que Núñez mantén unha gran relación desde hai anos que e volve colaborar no último disco do artista vigués, Cinema do Mar. Neste traballo, Núñez céntrase nas bandas sonoras, desde Mar a Dentro a outras nas que ten participado ultimamente como a de Historias de Terramar, una película de animación xaponesa de Gedo Senki.
14/12/2007