“A impudicia da tortura avanza”, e avanza coa escusa e o respaldo que lle ofrece a loita global contra o terrorismo. Estas son as premisas que, segundo Esteban Beltrán, director da sección española de Amnistía Internacional, “nos levan a poder afirmar que estamos vivindo tempo difíciles, nos que deberiamos estar loitando contra a pobreza e non contra o terror”.
Beltrán afondou deste xeito nas difíciles relacións entre a loita contra o terrorismo a seguridade e os dereitos humanos nun relatorio organizado pola Área de Igualdade. Estes tempos de guerra sen leis derivan en “cinco medos fundamentais que paralizan á xente”: medo á chegada masiva de inmigrantes, o medo real aos atentados terroristas, o medo á liberdade de expresión e ao que disinte, medo ao aumento da criminalidade e, finalmente, medo ao outro, ao diferente.
20/11/2007