O candidato a reitor nas eleccións celebradas na Universidade de Vigo no ano 2010 por Nova Universidade e voceiro desta formación, Jaime Cabeza Pereiro, confirma que non volverá a presentar a súa candidatura nos vindeiros comicios que se celebrarán no ano 2014. Nunha carta aberta á comunidade universitaria publicada nas últimas horas na páxina web de Nova Universidade, Jaime Cabeza, confirma que “non me vou postular como candidato a reitor nas eleccións de 2014”, decisión que xustifica por motivos “exclusivamente persoais”, ao tempo que sinala que “nos vindeiros anos vou centrar meus esforzos, noutros aspectos cualitativamente diferentes dos que atenderon a miña atención, penso que con forte implicación e paixón, desde o 2009 ata hoxe”.
12/06/2012