O litoral é un espazo onde tenden a concentrarse as actividades económicas (ocio, turismo, pesca, cultivos, enerxéticas...) con efectos non sempre positivos e con alto risco de afectar a espazos naturais costeiros especialmente valiosos. Aínda así, crecemento económico e conservación ambiental non son modelos enfrontados e, a xuízo dos autores da monografía Desarrollo Sostenible en la Costa Gallega, non se trata de elixir entre un e outro, senón de compatibilizar e combinar ambos. Asinado polos profesores Albino Prada, Mª Xosé Vázquez e Mario Soliño, membros do grupo de investigación Economía dos Recursos Naturais e Ambientais, Erenea, o volume, edición dixital de distribución libre, achega as claves que poden levar a Galicia a acadar unha imaxe turística atractiva e de calidade.
04/05/2012