Lograr a irmandade entre homes e mulleres para acadar a igualdade. Ese é un dos principais retos ao que se enfronta o feminismo no século XXI, un obxectivo que comparte a Cátedra Novacaixagalicia de Estudos Feministas, que desde o ano 2000 aglutina algunha das mellores investigacións sobre a presencia feminina nas distintas áreas produtivas e sociais de Galicia. As últimas , queacaban de publicarse no quinto libro de este organismo, alonxan a mirada da violencia de xénero para indagar sobre a posición da muller no bullying, no turismo rural, na política, no deporte, no liderado empresarial e na cultura nunha sociedade patriarcal. "O noso agradecemento ao traballo feito polos investigadores dentro da Cátedra para ter unha visión máis completa da realidade e construír un mundo mellor", explicou María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense e presidenta da comisión.
19/12/2011