O ciclo de conferencias Fálame do Teu, promovido pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra, contou na súa xornada de clausura coa intervención de dous dos creativos españois máis recoñecidos: Toni Segarra e Rafa Antón. Director creativo da axencia *S,C,P,F... o primeiro, e de Vitruvio Leo Burnett o segundo, Segarra e Antón falaron na Casa das Campás de como combater as obsesións do sector, para afrontalo con máis naturalidade e liberdade. Pouco antes do incio do relatorio, Concha Wert, xerente do Club de Creativos (CdC), inaugurou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a exposición que reúne as mellores campañas de comunicación publicitaria do último ano.
01/12/2009