A Facultade de Educación acolleu o acto de clausura do que é o seu primeiro posgrao, o Curso de Especialista Universitario en Intervención e Atención a Persoas con Dependencia, declarado de interese pola Consellería de Sanidade. Os 22 alumnos, que previamente presentaran os proxectos de fin de estudos, recibiron os diplomas acreditativos da man da secretaria xeral do Benestar, María Jesús Lago, o decano, Xosé Manuel Cid, os directores do curso, José María Failde e Miguel Ángel Vázquez, e a profesora María Dolores Dapía.
14/12/2007