Unha idea simple, pero impactante e moi descritiva, fixo que Aida Pérez e Laura López, ex alumnas de Publicidade e Relacións Públicas, conseguisen o premio do IV Concurso de Autopromoción de Publicidade en Galego, convocado polo consello asesor da CRTVG e da RTVE-G, coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta. As ex alumnas, que finalizaron o cuarto curso da licenciatura en xuño, presentaron tres imaxes baixo o mesmo slogan: Saborea a túa lingua. Un neno mamando do peito de súa nai, un rapaz amosando un piercing na súa lingua e unha nena saboreando un xeado foron as ideas que crearon a través da fotografía.
24/10/2008